Terminan as obras de conservación do cruceiro de Fuensanta e o Lavadoiro de Freixeiro
Por Redacción
Este xoves terminaban as obras de conservación e reparación do cruceiro de Fuensanta e do lavadoiro de Freixeiro.
Estas obras foron realizadas a partir dunha subvención concedida por parte da Deputación de Pontevedra, para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural do Concello, por un valor de 10.638 euros.
Ditas actuacións eran necesarias para a restauración do lavadoiro no lugar de Freixeiro, Bordóns, co fin de mellorar as condicións estéticas e asegurar a funcionalidade e a seguridade da utilización do devandito equipamento.
E en canto ao cruceiro da rúa Fuensanta Rodríguez, na parroquia de Padriñán, o obxectivo foi manter as características orixinais e mellorar as condicións estéticas, tanto do propio cruceiro, como da fonte, do muro e do balaustre de pedra existente.