Denuncian a desaparición dunha muller de 60 anos en Marín
Por Redacción
Familiares e amigos lanzaron a voz de alarma ante a desaparición de Dolores Nores Pastoriza, coñecida como Lola Cosecha.
As últimas noticias que se teñen dela son do mediodía deste venres.
Trátase dunha muller de 60 anos veciña da zona de Sete Espadas de Marín.
No momento da súa desaparición vestía unha sudadera azul, pantalóns vaqueiros e zapatillas de casa.
Segundo trasladou a familia a desaparecida padecía unha depresión pola que chegou a estar internada.
O seu marido presentou denuncia e a Policía Nacional, Protección Civil e Garda Civil puxeron en marcha un operativo na súa procura no que colaborou o helicóptero 'Pesca 1' de Salvamento.
Os seus familiares habilitaron un teléfono de contacto no número 608086728.