Esixen a Augas de Galicia que repare Fontouteiro despois de 7 anos seca
Por Oskar Viéitez
Cunha pancarta reivindicativa no exterior da Casa Consistorial de Bueu, o goberno local e os veciños de Meiro reclaman a Augas de Galicia que repare a fonte coñecida como Fontouteiro.
"Fontouteiro, 7 anos seca. Meiro esixe a Augas de Galicia. Solución xa!", di .
Para a próxima semana fixouse un encontro entre o Concello e Augas de Galiciapara resolver unha situación que se prolonga durante sete anos e que provoca que a fonte quede seca durante todo o verán.
Segundo explican desde a Asociación A Morada de Meiro as perforacións realizadas durante a construción dunha vivenda particular danou o manancial. Aínda que a xustiza obrigou aos propietarios para reparar o dano causado polo momento non se fixo nada respecto diso.