Persoal de Inditex reclama en Pontevedra melloras nas súas condicións laborais
Por Redacción
Traballadores de diferentes firmas do grupo Inditex -dono de Zara, Bershka ou Pull & Bear, entre outras- concentráronse na rúa Benito Corbal, a zona máis comercial da cidade, para esixir que a empresa equipare as condicións laborais en todo o país.
No caso da cidade do Lérez, piden que se lles apliquen as mesmas melloras das que gozan os seus compañeiros na Coruña.
Así, reclaman un acordo global para todas as tendas do grupo téxtil en cada unha das catro provincias galegas, rematando coas diferenzas actuais entre o persoal.
No caso da provincia da Coruña, os traballadores conseguiron un novo plus salarial e introducíronse melloras en cuestións como vacacións, licenzas, excedencias ou conciliación, condicións que non se dan en Pontevedra.