Cerdedo-Cotobade solidarízase coa familia que perdeu a súa casa e a súa carpintería nun incendio
Por Redacción
Veciños e politicos de Cerdedo-Cotobade puxeron en marcha unha serie de actuacións para poder prestar axuda á familia de Calvelo, na parroquia de Tenorio, que o pasado sábado perdeu tanto a súa casa como o seu medio de vida, unha nave industrial dedicada á carpintería, nun incendio.
Para poder coordinar todas as accións que se puxeron en marcha, este mércores 19 de xullo o Concello convocou unha reunión ás 20.30 horas na Casa do Pobo de Tenorio.
Xa hai veciños que están a recoller axudas para a familia Amoedo-González e con esta reunión búscase coordinalos e mesmo analizar a creación dunha comisión veciñal que organice as tarefas e reparta zonas e esforzos.
O alcalde, Jorge Cubela, anunciou que tanto o seu partido, o PP, como o outro grupo político con representación en Cerdedo-Cotobade, o PSOE, confirman a súa presenza na reunión e teñen un propósito de unirse e non politizar este xesto solidario. "O único fin que debemos ter nestes momentos é axudar a esta familia", publicou no seu perfil da rede social Facebook.
Relacionadas:
-
Axentes forestais defenden a actuación do seu compañeiro no incendio de Tenorio
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide iniciar o proceso para comarcalizar o parque de bombeiros de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comarcalizar os bombeiros de Pontevedra, solución "idónea" para Ponte Caldelas en materia de emerxencias
Por Redacción |
-
Cubela critica duramente o operativo do incendio de Tenorio e pide que o parque de Pontevedra sexa comarcal
Por Natalia Puga |
-
O incendio de Tenorio volve poñer en cuestión o mapa de emerxencias na comarca de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Ninguén solicitou "medios suplementarios nin xente" a Pontevedra para atender o incendio de Tenorio
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Un incendio calcina unha nave industrial e afecta a unha vivenda en Calvelo
Por Diego Espiño & Diego Torrado |