Recollen sinaturas para que se continúe impartindo Historia da Filosofía nos institutos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Profesores de Filosofía da provincia decidiron recoller firmas para promover unha lei de iniciativa popular sobre a Filosofía no ensino. Este venres un grupo de educadores liderados por Carme Adán instalaba unha mesa informativa na praza da Peregrina.
O obxectivo é denunciar a regresión que, segundo manifestan, supuxo para a Filosofía as reformas educativas do Goberno estatal. Sinalan que a Lomce supón a supresión de Historia da Filosofía como materia común para o estudantado que finaliza o bacharelato.
Carme Adán indicaba o dano que causara a Lei Wert e manifestaba que non haberá cidadanía crítica sen que a filosofía estea presente nos plans de estudo. Por este motivo elaboraron unha proposta non de lei que van apoiar En Marea, PSOE e BNG para presentar no Parlamento de Galicia.
Sinalan que a materia de Historia da Filosofía axuda a facer preguntas e a buscar respostas favorecendo o pensamento individual. "Pensar non pode estorbar", afirmaba Carme Adán.
Este colectivo xa recolleu 6.000 apoios. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu ata a mesa informativa para apoiar esta iniciativa.