Piden á Xunta a división das cinco grandes parcelas da Central de Transportes da Reigosa
Por Redacción
O goberno de Ponte Caldelas sinala que os empresarios interesados en instalarse nos terreos da Central de Transportes do Polígono da Reigosa ven bloqueados polo desinterese da Xunta de Galicia na adaptación da ordenanza urbanística e os planos que regulan as condicións de edificabilidade nos máis de 85.000 metros cadrados de chan industrial.
Por este motivo, o Concello de Ponte Caldelas debaterá este próximo xoves no pleno unha moción na que se insta ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e á sociedade Xestur Pontevedra a levar a cabo cambios normativos que permitan a subdivisión das cinco grandes parcelas. O goberno local sinala que se trata duns terreos de gran tamaño cunhas condicións que dificultan a edificación e, por tanto, a súa venda desde que se inauguraron no ano 2005.
O Concello redactou unha proposta técnica para corrixir as carencias da normativa actual e, con todo, non se realizaron por parte da Xunta de Galicia, segundo expón o goberno local.
Nesta Central de Transportes investíronse 3,5 millóns de euros hai 12 anos e, con todo, non está a xerar actividade económica nin postos de traballo, segundo sinala Andrés Díaz, alcalde do goberno formado polo PSdeG-PSOE, AVP e BNG. Só se vendeu unha parcela para unha gasolineira, cuxa tramitación avanza. Díaz sinala que, polo menos, hai seis empresarios interesados na adquisición de subparcelas dentro dos cinco grandes terreos nos que quedou configurado este espazo.
Desde o goberno local enténdese que a saída comercial das macro-parcelas é nula e a viabilidade pasa pola división en pequenos terreos. Sinalan que, ademais, Xestur coincide con esta proposta.
Relacionadas:
-
As empresas interesadas en instalarse na Central de Transportes de Ponte Caldelas buscan alternativas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas denuncia 15 meses de bloqueo da Xunta na Central de Transportes da Reigosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas denuncia que a Xunta segue a bloquear a Central de Transportes
Por Redacción |
-
Preguntan pola discriminación da Xunta a Ponte Caldelas no Parlamento
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas esixe á Xunta que desbloquee a situación da Central de Transportes
Por Redacción |