Unha persoa ferida na colisión de tres coches na ponte de Santiago
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida leve na noite deste domingo ao verse implicada nun accidente múltiple rexistrado na ponte de Santiago de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro consistiu na colisión entre tres turismos e a persoa accidentada circulaba nun deles.
Ocorreu sobre as 22.10 horas da noite deste domingo na parte da ponte de Santiago máis próxima ao pavillón municipal de deportes.
Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia indicando que había unha persoa accidentada que se queixaba de dor no pescozo. A partir de aí, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso a 061-Urxencias Médicas e á Policía Local de Pontevedra.