Un grupo de indignados concéntrase ante a Subdelegación
Por Redacción
A falta dunha semana para que se desenvolvan as eleccións ao Parlamento de Galicia, o colectivo Indígnate Pontevedra segue a realizar concentracións de protesta ante a situación económica, política e social que se está a producir na actualidade.
Nesta ocasión, un grupo de arredor de trinta persoas protagonizaron unha concentración pacífica ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra.