O Concello de Ponte Caldelas asumirá o custo de retirar unha árbore caída sobre a ponte
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois de varios meses esperando por unha resposta por parte de Augas de Galicia, segundo o Concello de Ponte Caldelas, o goberno local decidiu asumir o custo da retirada dunha árbore caída sobre a ponte do centro urbano.
Esta árbore cedeu durante os temporais do pasado mes de febreiro, quedando apoiado sobre a estrutura da ponte.
A decisión de retiralo pretende evitar riscos sobre os peóns e a circulación rodada e tamén posibles danos na súa estrutura, especialmente na varanda e as conducións de auga que están fixadas baixo o seu taboleiro.
A pesar desta decisión os traballos non poderán executarse de maneira inmediata, xa que é necesaria a autorización da Consellería de Infraestruturas ao ser titular da estrada PO-532 que pasa pola parte superior da ponte e que haberá que cortar ao tráfico.
A previsión é que a operación de retirada da árbore poida relizarse a mediados do mes de setembro.
Esta mesma semana, o Concello procedeu a retirar outra árbore inclinada cara á zona de baño da praia fluvial da Calzada. "Se llo pedimos a Augas de Galicia pasarían seis meses e seguiriamos esperando e coa praia fluvial afectada", queixouse o alcalde, Andrés Díaz.