Aparatoso accidente sen feridos no acceso ao Hospital do Salnés
Por Oskar Viéitez
Afortunadamente saldouse sen feridos o accidente rexistrado ás 16:39 horas da tarde deste xoves na estrada de acceso ao Hospital do Salnés.
Segundo informaron efectivos de Protección Civil, un coche que cruzaba o carril contrario para acceder ao hospital, chocou con outro vehículo que circulaba en dirección a Pontevedra.
A colisión resultou bastante aparatosa pero todo limitouse a danos materiais.
Neste punto do viario expúxose a construción dunha rotonda que resolva os problemas que xera este cruzamento entre a estrada xeral e o acceso ao hospital.