Europa promoverá a produción hortícola e apícola en zonas protexidas do río Lérez
Por Oskar Viéitez
Cunha dotación de 140.000 euros e financiamento europeo a Deputación de Pontevedra poñerá en marcha o programa "DepoVerde" pensados para potenciar as actividades horto-frutícolas e apícolas en varias zonas protexidas da Rede Natura.
O plan beneficiará, entre outras, a zonas como o río Lérez así como o complexo intermareal Umia-O Grove, as illas Cíes ou a illa de Ons, entre outros moitos enclaves protexidos da provincia.
A primeira parte do plan "DepoVerde" consistirá en formación teórico-práctica para dar a coñecer as diferentes actividades horti-futícolas e o sector apícola. Posteriormente, os emprendedores poderán rexistrar os seus produtos nunha "marca de calidade diferenciada", que garanta a súa produción sustentable e a súa procedencia dun espazo protexido.
A última fase consistirá na obtención de certificados de calidade que permitirán a todas as persoas beneficiarias da iniciativa comercializar os produtos producidos "de maneira sustentable, ecolóxica e con valor engadido" nestes espazos pertencentes á Rede Natura.
Tamén se vai a crear unha base de datos que incluirá información das persoas participantes nos talleres formativos que está a disposición de empresas e entidades que busquen traballadores neste sector da horta e a froita.