As nubes cubrirán o ceo pero apenas mollarán o chan
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os técnicos de Meteogalicia sinalan que despois do paso da fronte durante a madrugada, este luns Galicia quedará cun réxime de ventos de compoñente oeste que aportará moita humidade especialmente ao litoral.
Con esta situación, durante a mañá agárdanse ceos cubertos, con chuvia feble nas primeiras horas. Pola tarde permanecerán as nubes baixas en toda a franxa costeira, mentres que os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no interior. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.
Para o martes persiste a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos de compoñente oeste que traerán unha fronte pouco activa. Con esta situación, os ceos estarán máis cubertos no litoral, con chuvias febles pola tarde no litoral coruñés.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.
O mércores Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos do nordés. Así, amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas no norte e interior da Comunidade para quedar co avance do día cos ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, agás nas Rías Baixas onde ascenderán. O vento soprará frouxo do nordés, aumentando a moderado á tarde