O Concello de Pontevedra presenta unha oferta de emprego público de 44 postos de traballo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O portavoz do goberno local, Raimundo González, deu conta este martes dunha "moi potente" oferta de emprego público do Concello de Pontevedra. Son un total de 44 postos de traballo, supoñen case un 9% do persoal do Concello e correspóndense con "a práctica totalidade das vacantes no persoal municipal" que está composta por unhas 500 persoas.
Para subliñar a importancia desta convocatoria, Raimundo González lembrou que "nos movemos dun marco restrinxido de reposición de efectivos na administración".
Esta oferta concrétase en 7 administrativos, 3 auxiliares, 2 subalternos, 2 enxeñeiros informáticos, 1 enxeñeiro de obras públicas, 1 animador sociocultural, 3 oficiais de policía, 5 policías, 1 técnico de semáforos, 1 mestre electricista, 1 oficial electricista, 2 oficiais de obra, 1 sepulturero, 2 condutores e 11 operarios.
Máis da metade son prazas das brigadas municipais, é dicir, traballadores que se dedican ao mantemento de espazos e edificios públicos.
Os procesos selectivos van durar un máximo de dous anos. Nese momento xa se están elaborando nas bases específicas de cada posto de traballo de modo que este ano xa se poida celebrar algunha oposición. Máis da metade son prazas de acceso libre e o resto de promoción interna.