O PP propón á Deputación aumentar a partida do "miniplan" para concellos de menos de 20.000 habitantes
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular proporá á Deputación de Pontevedra aumentar a partida do novo "miniplan" para concellos de menos de 20.000 habitantes. Será no próximo pleno provincial, no que o voceiro do PP, Ángel Moldes defenderá a necesidade de incrementar os fondos "e apostar definitivamente polos pequenos e medianos concellos da provincia".
"Nos parecen que un plan de 6 millones anuales para repartir entre los 52 ayuntamientos de la provincia con menos de 20 mil habitantes no llega para dar respuesta a las deficiencias del Plan Concellos. Si hacemos el cálculo, el reparto es mínimo", critica o voceiro do PP, Ángel Moldes.
Os populares consideran que este plan pretende ser un "pequeno parche para o fiasco que supuxo o Plan Concellos, e polo tanto vén a recoñecer o que o PP leva denunciando desde o principio deste mandato, que non funciona e que é insuficiente porque faltan 20 millóns de euros e non dá resposta ás necesidades reais dos concellos".
Nesta liña, sinalan que "lamentamos que tardasen todo este tempo en darse conta, porque ao final estiveron privando durante dous anos aos concellos da provincia de máis e maiores investimentos". Pero, con todo, consideran que eses 6 millóns de euros anuais son insuficientes.
"Non parece lóxico que unha soa actuación nunha gran cidade supera un plan para 52 concellos da provincia". O que está claro, engade o voceiro popular, "é que os pequenos e medianos concellos da provincia son os grandes prexudicados co goberno de Carmela Silva".
Relacionadas:
-
A Deputación e PP acúsanse mutuamente de caciquismo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba a adxudicación das axudas básicas de emerxencia para 48 concellos da provincia
Por Redacción |
-
A Deputación pon en marcha un plan de 18 millóns de euros para grandes obras en concellos pequenos
Por Natalia Puga |
-
A Deputación pagará a metade do servizo de teleasistencia dos concellos máis pequenos
Por Redacción |