Rías Baixas perfílase como un dos destinos preferidos polos enoturistas
Por Redacción
A Ruta do Viño Rías Baixas perfílase como un dos destinos preferidos polos enoturistas das 27 Rutas do Viño de España. Así se desprende do informe Análise da demanda turística nas Rutas do Viño de España 2016-2017 que fixo público a Asociación de Cidades do Viño de España (ACEVIN).
De acordo cos datos extraídos das enquisas, Rías Baixas convértese, xunto con Rioxa Alta, no segundo destino que os enquisados desexarían visitar proximamente. Mentres tanto, sitúase como a cuarta Ruta do Viño de España que os participantes xa percorreron con anterioridade.
"Estes datos indícannos que o noso itinerario enoturístico segue sendo unha das principais preferencias dos visitantes, o que nos alenta a continuar traballando por conseguir un destino de calidade cunha oferta aínda máis atractiva e apta para todas as persoas", indica a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.
O informe de ACEVIN concreta que o 52,5% dos visitantes son mulleres, o 45% dos enoturistas viaxan en parella e o rango de idade sitúase entre os 46 e os 65 anos (38,2%). A procedencia maioritaria dos enoturistas corresponde ás comunidades autónomas de Valencia (14,4%), Madrid (13,1%), Murcia (13%) e Aragón (12,3%).
Relacionadas:
-
A vendima xeneralízase en Rías Baixas con excelentes perspectivas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xa está na rúa o programa da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Os paraísos naturais de Ponte Caldelas, a golpe de blogue
Por Redacción |
-
Barro súmase á Ruta do Viño Rías Baixas
Por Redacción |
-
"Moito por descubrir" nunhas Rías Baixas nas que "témolo todo, así que saiamos a contalo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |