Interveñen 14 plantas de marihuana de dous metros de altura en Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil localizou na parroquia de Nantes, en Sanxenxo, unha plantación con catorce plantas de marihuana duns dous metros de altura. Estaban no interior dun invernadoiro artesanal a piques de ser colleitadas.
Segundo informou o instituto armado, a plantación foi atopada por mor dunha investigación previa realizada por efectivos do posto da Garda Civil de Sanxenxo.
O invernador no que foron localizadas está nun terreo anexo ao domicilio do propietario e do mesmo desprendíase un intenso cheiro polas inmediacións.
O responsable da plantación, FJ.F.A., de 29 anos, foi citado como investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública por cultivo de estupefacientes. Quedou en liberdade, pero coa obrigación de comparecer ante o Xulgado de Instrución número 2 de Cambados cando lle citen.
Ademais das plantas, os axentes atoparon unha bicicleta que se puido determinar que fora subtraída hai dous meses nun aparcadoiro privado de Sanxenxo.