Se tes unha proposta para as Noites Abertas, xa podes presentala
Por Redacción
O programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra abre o xoves 13 de outubro -e ata 7 de novembro- a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa XIX edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2018.
Noites Abertas quere que a mocidade sexa a protagonista do seu ocio dándolle a posibilidade de participar dun xeito activo no deseño das actividades a desenvolver: deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos... A resposta sempre é moi positiva, o pasado ano recibíronse 178 propostas das que foron seleccionadas 89.
Con fin de facilitar información sobre esta convocatoria, a coordinación de Noites Abertas convoca reunións nos institutos públicos da cidade, co alumnado do campus e o luns 16 de outubro ás 19 horas no salón de actos do Pazo da Cultura unha reunión pública informativa dirixida a asociacións, colectivos informais, grupos xuvenís e mocidade interesada en participar.
No mes de novembro terá lugar a fase de selección das propostas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores. Deste xeito configurarase o calendario definitivo de actividades para 2018 que se presentará publicamente no mes de xaneiro.