O alcalde de Cuntis fala de situación "alarmante" do río Umia
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acompañado de técnicos da empresa concesionaria Espina y Delfín, visitou este xoves a captación de Veiga Grande entre os municipios de Cuntis e a Estrada que abastece aos concellos de Cuntis e Moraña e sinalou que a situación na que se atopa o río Umia é "verdadeiramente alarmante".
"Presenta unha imaxe desoladora", dixo o alcalde, que advirte aos veciños da necesidade de tomar "medidas serias no uso racional da auga, e só utilizala para as necesidades básicas, non malgastando, xa que nestes momentos é moi escasa".
O Concello tivo esta semana que asistir a diversos núcleos pola falta de auga achegando a mesma con camiones cisterna e realizando melloras nas traídas con maquinaria do concello.
Manuel Campos lembra que hai explotacións agrarias en "situación límite".
O rexedor de Cuntis rogou un "consumo responsable para poder garantir o suministro".