En Pontevedra xa se pode renovar DNI seis meses antes de que caduque
Por Redacción
Desde este venres xa se pode solicitar cita previa para renovar o DNI ata con seis meses de antelación "para evitar présas e desgustos de última hora". A partir dos 180 días, esa cita caduca.
Para "reducir os prazos de espera e mellorar o nivel de calidade do servizo de atención ao cidadán", a Policía Nacional de Pontevedra recomenda á cidadanía que "non demoren as renovacións de documentación con vistas ao novo período vacacional de Nadal".
O horario de atención ao público é de luns a xoves de 9.00 a 19.00 horas e os venres de 09.00 a 14.30 horas.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono número 060 ou da páxina web www.citapreviadnie.es.
As dependencias para a primeira expedición ou renovación de DNI e pasaporte atópanse do antigo Banco de España na rúa Fernández Villaverde, número 1.
Relacionadas:
-
Pontevedra sufriu un recorte de 24 efectivos do persoal encargado da expedición do DNI
Por Redacción |
-
As novas oficinas do DNI, unha factoría de 26.126 documentos
Por Natalia Puga |
-
Un só axente da Policía Nacional ocúpase en Pontevedra de 37 vítimas de violencia machista
Por Oskar Viéitez |
-
A partir do 1 de decembro será necesario pedir cita previa para renovar o DNI en Marín
Por Redacción |