Máis de 2.000 persoas usaron o alcoholímetro do porto deportivo de Sanxenxo
Por Redacción
Comprobar se se supera ou non a taxa do alcol permitida pola lei antes de coller o coche. É o obxectivo do alcoholímetro instalado o pasado mes de agosto no aparcadoiro do porto deportivo de Sanxenxo. En menos de dous meses foi utilizado por máis de 2.000 persoas.
O lugar elixido para a súa colocación foi unha das entradas do parking de Nauta, xunto á máquina de pago de tickets, por ser esta a zona na que se concentra principalmente a movida do municipio.
Esta iniciativa, cun custo de 900 euros, tivo como obxectivo principal concienciar ao condutor da incompatibilidade entre o consumo de alcol e a condución.
Así, ante a dúbida, a xente puido facerse unha proba e actuar en consecuencia a un resultado fiable, xa que, con só un euro, o aparello facilita unha palla pola que se sopra e a continuación sae o resultado nunha pequena pantalla do dispositivo.
Desde o Concello considérase un éxito o resultado da iniciativa e a acollida que tivo entre a xente xa que "houbo noites nas que puidemos comprobar como se formaban colas para facer uso do aparello".
"Estamos satisfeitos porque conseguimos o dobre obxectivo proposto, por unha banda, concienciar aos condutores e por outro disuadilos de facer uso dos seus vehículos cando se supere a taxa do alcol permitida", sinalou o alcalde.
Relacionadas:
-
Un 60% menos denuncias por botellón en Sanxenxo en xullo
Por Redacción |
-
Sanxenxo recada case medio millón de euros en 2017 polo parking do porto
Por Redacción |
-
Presentan o sistema de sinalización intelixente instalado na zona do porto deportivo
Por Redacción |
-
O aparcadoiro do porto volve ofrecer gratis a primeira hora de estacionamento
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo ultima a ordenanza para a posta en funcionamento de cámaras de vídeo vixilancia
Por Oskar Viéitez |