A caída de ramas obriga a acordoar a entrada ás Palmeiras
Por Redacción
Axentes da Policía Local e efectivos dos Bombeiros de Pontevedra acudiron a última hora do venres a un aviso de urxencia pola caída de ramas nunha das entradas ao parque das Palmeiras.
En concreto trátase do acceso que desemboca na intersección de Riestra e Gutiérrez Mellado.
A dificultade que provocaba o vento dificultou as tarefas de retirada das palmas, polo que a zona foi acordoada por seguridade.
Estes exemplares de palmeira xa sufriron nalgunha outra ocasión a caída de ramas, co perigo que iso leva para os viandantes.