Marfrío negocia un convenio propio cos seus traballadores para aplicar a reforma laboral
Por Redacción
A empresa Marfrío que conta cunha nave de almacenamento no porto de Marín especializada na elaboración de produtos precociñados está a negociar cos representantes sindicais un convenio propio para o equipo de empregados que traballa nesta nave.
A empresa conta con ao redor de 130 traballadores nestas instalacións como equipo básico de traballo e conta con contratacións temporais que, en determinados momentos do ano, eleva a cifra de contratados a ao redor de 200 empregados. A maioría son mulleres e, segundo fontes sindicais, preto da metade contan con familias en situacións complicadas debido á crise e, en moitos casos, coa súa parella en situación de desemprego.
Os sindicatos admiten que a reforma laboral vai afectar a este convenio propio que establece unhas condicións máis duras para as traballadoras. Durante a xornada deste luns, representantes do equipo mantiveron unha reunión con varios dirixentes sindicais para establecer as pautas da negociación.
A empresa en Marín conta con liñas de limpeza, baño, rebozado e envasado, ademais de laboratorio propio e sistemas de conxelación.