Non te esquezas! Toca cambiar a hora
Por Redacción
Como cada última fin de semana de outubro, chega o momento de cambiar a hora e entrar no horario de inverno. Ás 3.00 horas da madrugada deste sábado a este domingo volverán ser as 2.00 horas, isto é, atrásanse todos os reloxos unha hora e déixase atrás o horario de verán.
A medida, desexada para un sector da poboación e repudiada por outro, responde á directiva comunitaria 2000/84/CE do cambio de hora, que obriga a todos os europeos a modificar os seus reloxos dúas veces ao ano, a última fin de semana de marzo e a última de outubro. Esta fin de semana toca atrasar o reloxo e no de marzo, adiantalo para entrar no horario de verán.
A directiva comunitaria, de obrigado cumprimento desde o ano 1981, ten como obxectivo reducir o consumo enerxético ao aproveitar máis horas de luz en horario laboral.