Amplíase o horario ao público do rexistro municipal
Por Redacción
A partir de agora os cidadáns que teñan que facer un trámite no rexistro municipal do Concello de Pontevedra terán máis tempo. O seu horario amplíase unha hora.
Segundo informa a Concellería de Réxime Interior, o novo horario de inverno será de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas. Ata este momento, pechaba ás 13.30 horas.
A ampliación de horario será tamén unha realidade durante o verán cando o rexistro estará aberto, tamén de luns a venres, de 8.30 a 13.45 horas, fronte o que era habitual de 9.00 a 13.00 horas.
A ampliación de horario, segundo o goberno municipal, mellorará o servizo dado aos administrados.
O concelleiro de Réxime Interior e Persoal, Vicente Legísima, valorou positivamente a colaboración que mostraron os traballadores municipais para lograr esta modificación horaria.