VÍDEO.- Toleou o reloxo da Peregrina?
Por Redacción
A agulla dos minutos do reloxo da Peregrina bailaba de maneira aloucada durante a noite destes últimos días da semana e os viandantes que pasaban pola praza na que se atopa a capela quedaban sorprendidos ao ver o movemento da agulla do reloxo entre as 01.30 e as 02.00 horas como se un trasno estivera a xogar coa maquinaria interna.
Este emblemático reloxo, do que o coidado corresponde ao Concello de Pontevedra, estivera durante varios meses estragado ata que en marzo de 2017 foi reparado cunha peza elaborada de maneira artesanal para garantir o seu bo funcionamento. Conta cun motor que se encarga de mantelo activo.
O cambio horario do pasado fin de semana atópase detrás deste reaxuste que sorprendeu a quen a esas horas da noite estivese a contemplar a igrexa desde a céntrica praza. Durante esta fin de semana xa ofrece, de novo, a hora de maneira puntual.