Atropela tres xabarís na autoestrada en Barro e sae ilesa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un susto tremendo levou unha muller que circulaba no seu turismo ao redor das 23.10 horas pola autoestrada AP-9, á altura do municipio de Barro. Tres xabarís cruzáronselle na vía e, segundo informa o servizo de emerxencias do 112, foron atropelados sen que a condutora resultase ferida tras o impacto.
Os feitos sucedían na contorna do quilómetro 119, en dirección a Santiago de Compostela. A propia afectada contactaba co 112 Galicia no momento de producirse os feitos. Informaba de que os porcos bravos entraran na autoestrada e indicaba que se atopaba ben, sen sufrir feridas, e permanecía detida no arcén.
O persoal da central de emerxencias do 112 alertou á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da autoestrada.