Medio milleiro de traballos presentados ao Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este xoves a primeira das reunións do xurado do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero.
En total presentáronse 509 traballos antes do peche do prazo, o pasado 6 de noviemre, e agora o xurado debe seleccionar as 12 obras gañadoras nas categorías de debuxo-pintura (312 traballos presentados) e relato curto (197 traballos presentados).
O veredicto coñecerase tras unha segunda reunión que terá lugar a próxima semana.
O obxectivo deste concurso é fomentar a creación literaria e artística incrementando a concienciación e sensibilidade dos escolares ante a violencia de xénero, polo que se valorarán aqueles debuxos que se axusten á temática e que reflictan a igualdade entre mulleres e homes.
O xurado está conformado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz; a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, Mª Paz Pérez; o xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares; o inspector xefe da Consellería de Educación en Pontevedra, Manuel Torres; os pintores Antón Pulido, Jaime Fariña Falcón e Marisa Miguélez; o director da editorial Galaxia, Francisco Castro; o catedrático de Lingua Castelá, escritor e crítico literario, José Montaña Louzao; e o catedrático de Lingua Galega, ex profesor da USC e inspector de Educación, Modesto Hermida.
Un acto a celebrar o venres 24 de novembro na sede de Afundación de Pontevedra, véspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, servirá para entregar os premios aos gañadores das diferentes categorías e idades.
Relacionadas:
-
"Oxalá puidese concienciar polo menos unha persoa sobre a violencia de xénero"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Debuxos e relatos cunha "intensa concienciación" dos adolescentes ante a violencia de xénero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Nove escolares de Pontevedra e Poio, premiados no certame Ponte a conducir
Por Redacción |
-
Convocan un concurso de debuxo e relato para plantar cara á violencia de xénero desde o instituto
Por Redacción |