Abre a campaña de extracción da centola e do boi
Por Redacción
A tempo para que poidan estar nas nosas mesas durante o Nadal. A Consellería do Mar abrirá, a partir de este luns, a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Pontevedra.
Na área que vai de A Guarda ata cabo Corrubedo, a flota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.
A campaña deste crustáceo na provincia prolongarase ata o inicio da veda do ano 2018, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á cal se engadirán 35 quilos/día por cada tripulante enrolado e a bordo.
Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.