Os traballos de reparación das estacións de autobuses de Sanxenxo e Cambados xa están en marcha
Por Redacción
A Xunta iniciou as obras de reparación da estación de autobuses de Sanxenxo, así como as de Cambados que tamén se iniciaron fai uns días. Ambas actuacións teñen un orzamento de case 76.000 euros.
Na estación de autobuses de Sanxenxo existe falta de elementos de sinalización e se producen filtracións a través das cubertas. Para reparar esta situación, limparase e impermeabilizarase os canlóns da cuberta e se substituirán todos os parafusos.
Tamén se colocará sinalización luminescentes para elementos de extinción de incendios, aseos adaptados, prohibición de acceso peonil nas portas de entrada e saída de buses e pintado das paredes con humidades.
A maiores se pintarán tamén as portas interiores de aseos e as de entrada peonil e de accesos de buses, aplicándose un tratamento para a eliminación e protección anti-pintadas e un selado de fisuras e reparación de bordos en plataforma. Tamén realizarase o saneamento do cadro eléctrico e da sala técnica.
No caso da estación de autobuses de Cambados, as obras comezaron a semana pasada e teñen como finalidade a mellora das cubertas, o acondicionamento das fachadas e as reparacións de distintos elementos que afectan tanto ao edificio como ao resto da estación e zona de dársenas.
Ademais, sanearanse os cadros eléctricos, reporanse as luminarias e os focos, e sinalizarase a boca de incendios, repoñéndose tamén a rexa de sumidoiro, reparándose os aseos e pintándose as paredes que presentan humidades.