Un home de 36 anos, detido pola Policía Local por venda de cocaína
Por Redacción
Axentes da Policía Local detiveron un home de 36 anos ao que sorprenderon vendendo cocaína en plena rúa Benito Corbal. Acúsano dun delito contra a saúde pública.
Segundo informa a Policía Local, a detención produciuse o pasado 17 de novembro, no marco do programa preventivo de venda e consumo de drogas nos espazos públicos da cidade.
Os axentes viron como, sobre as 20.30 horas, un individuo chegou en moto á rúa Blanco Porto e, tras apearse dela, comezou a manipular o seu teléfono móbil. Minutos despois chegou un mozo co que, despois de intercambiar unhas palabras, dirixiuse a Benito Corbal.
Ambos pararon á altura dun colector de lixo e o mozo entregoulle diñeiro a cambio dun pequeno envoltorio de cor branca.
Os axentes interceptaron o comprador e comprobaron que acababa de comprar 0,60 gramos de cocaína.
Ao vendedor, que foi detido pouco despois, incautáronselle 15,30 gramos de cocaína, 2,4 gramos de haxix e 2.400 euros en efectivo.
Relacionadas:
-
Un pontevedrés que vendía cocaína a domicilio acepta dous anos de cárcere
Por Oskar Viéitez |
-
Un home de 55 anos, detido por traficar con droga nun after de Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
Detidos dous mozos aos que sorprenderon nunha compravenda dun quilo de haxix
Por Redacción |
-
Detido un individuo con 100 doses de heroína e 80 de cocaína en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |