Cádiz ve en Pontevedra o "mejor referente" dunha cidade "amable, segura y dinámica"
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0ea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5a1c1dee16-20171127-patxot-lores-delegacion-cadiz-655.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1ed/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5a1c1e2d61-20171127-patxot-lores-delegacion-cadiz-657.jpg)
© Mónica Patxot
En Cádiz "tenemos mucho que aprender" de Pontevedra. Son palabras de Martín Vila, tenente de alcalde da cidade andaluza e responsable de urbanismo. Está á fronte dunha representación política e técnica que, estes días, está a visitar Pontevedra para coñecer "de primera mano" un modelo urbano que é, dixo, "referente para todo el mundo".
Cadiz quere converterse nunha cidade "amable y segura para el peatón", segundo o político gaditano, que poida estar nuns anos "a la misma altura de Pontevedra" na democratización do espazo público, investindo a prioridade e colocando ao peón por encima dos vehículos a motor.
"Tenemos parte de la tarea hecha y queremos fijarnos en el mejor referente que hay en España", explicou Vila, para avanzar neste proceso. Así, adiantou que, o goberno municipal de Cádiz quere completar a peonalización do centro histórico antes de que finalice o actual mandato, no ano 2019.
Esta medida, como comprobaron en Pontevedra, "genera nuevas posibilidades comerciales", ao existir un maior dinamismo económico nas zonas peonalizadas, especialmente no comercio de proximidade que "es lo que a nosotros nos interesa", ao entender que proporciona "actividad y empleo en la ciudad".
O portavoz da delegación de Cádiz, que chegou este domingo a Pontevedra, explicou que lles sorprendeu a cantidade de xente que usa o espazo público "para hacer vida y darle actividad a la ciudad", algo que non ocorre, segundo destacou, en localidades onde o vehículo privado ten prioridade en materia de mobilidade.
"Ese es el modelo que queremos alcanzar en Cádiz", sinalou o líder de Ganar Cádiz en Común, que agradeceu o acompañamento político e técnico que están a recibir en Pontevedra para coñecer as solucións aplicadas na Boa Vila e como liquidar as "dificultades" que xorden ao longo do proceso.
Durante a súa visita á cidade, a delegación gaditana estivo acompañada do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que celebrou que a transformación que experimentou a cidade á hora de recuperar os espazos públicos para a cidadanía estea a servir de "exemplo" a un número cada vez maior de cidades españolas.