CCOO e UXT advirten da perda de 220 postos de traballo en Correos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos CCOO e UXT advertiron este luns da perda de 220 postos de traballo en Correos na provincia de Pontevedra e alertaron do peche progresivo de centros de repartición e a diminución do servizo que presta en moitos concellos debido aos recortes e a falta de apoio económico do Goberno que está a poñer en xogo o servizo postal universal.
Segundo estes sindicatos, na provincia de Pontevedra en concreto, "o recorte do financiamento e o bloqueo do Plan Estratéxico traduciríanse a futuro en 220 empregos menos", e unha "clara e inmediata desatención" de poboacións "pouco rendibles e custosas" para a prestación do servizo postal público como A Golada, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces, Forcarei, Cotobade-Cerdedo, Campo Lameiro, Valga, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Caldas de Reis, Ribadumia, Arbo, A Cañiza, O Rosal, As Neves, Covelo, Crecente.., que "serían as primeiras en notar o recorte".
MOBILIZACIÓNS
CCOO e UXT advertiron que se o Goberno mantén a súa "desidia e pasotismo postal", iniciarán un proceso de mobilización "gradual e ascendente" aberto ao resto de organizacións sindicais, que na súa fase inicial, abarcaría entre finais de ano e principios do que vén, para esixir "unha aposta clara, firme e rotunda por impulsar e fortalecer a Correos como prestador de servizo postal universal e como empresa pública eficaz e eficiente de referencia para o noso país".
Relacionadas:
-
Os traballadores de Correos iniciarán protestas o 7 de xuño ante o abandono por parte do Goberno de Rajoy
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
Protesta en Correos polos recortes e as contratacións "a dedo"
Por Mónica Patxot |
-
O Grove, protagonista dunha nova postal de Correos
Por Redacción |
-
Denuncian que Correos está a reducir o servizo de repartición en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os carteiros de Pontevedra van en moto eléctrica
Por Redacción |