O Banco de Alimentos cifra en 120 toneladas o balance da Gran Recollida Solidaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d06/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5a2328a95b-20171202-diegotorrado-hiper-froiz-voluntarios-06.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5a9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5a2fad60ce-nave-pontevedra-ii-.jpg)
© Banco de Alimentos
A Fundación Provincial Banco de Alimentos contabilizou unhas 120 toneladas de comida en Pontevedra e as súas comarcas procedentes da súa quinta Gran Recollida Solidaria, celebrada os pasados 1 e 2 de decembro.
Trátase de 30 toneladas de alimentos máis que os que se recadou na edición do ano pasado. Esta cifra récord confirma o éxito da acción solidaria.
Eses 120.000 quilos recollidos en Pontevedra cidade, Sanxenxo, Vilagarcía, Marín, Cambados e Arcade forman parte dos 325.000 quilos de comida recibidos en toda a provincia.
Os organizadores deste iniciativa agradecen publicamente a xenerosidade demostrada pola cidadanía que novamente respondeu á chamada de abastecer de produtos de primeira necesidade o almacén de Pontevedra. Así mesmo, desde a entidade quérese destacar a "actitude máis que comprometida" dos 500 voluntarios que regalaron o seu tempo e facilitaron as doazóns de alimentos de primeira necesidade.
Con esas 120 toneladas recollidas, a ONG poderá seguir axudando ás 4.500 persoas desfavorecidas ás que chega en Pontevedra cidade e comarcas, polo menos, ata primavera de 2018.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos recibiu esta fin de semana máis de 4.000 quilos de comida
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos repartiu comida a 4.800 pontevedreses con dificultades en 2017
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
A televisiva Carlota Corredera, unha voluntaria máis na Gran Recollida de Alimentos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Decembro comeza coa gran recollida solidaria do Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
A Fundación Provincial Banco de Alimentos recibe unha furgoneta doada por ENCE
Por Redacción |