Xa é Nadal no Partido Popular
Por Redacción & Diego Torrado
Como centos de pontevedreses nestas datas, os membros do Partido Popular de Pontevedra reuníronse este sábado para celebrar xuntos a chegada do Nadal. Fixérono nunha cea celebrada no hotel Galicia Palace.
Xunto con Jacobo Moreira e o seu equipo á fronte, militantes do partido quixeron compartir unha agradable velada para brindar polas festas e o ano novo.
Entre os asistentes, ademais, atopábanse, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, os deputados Tomás Fole e Pilar Rojo ou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
Non foron os únicos cargos públicos que acudiron a esta cita. Na sobremesa, incorporáronse o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor. Ambos viñan doutro compromiso similar.