Xa chegou Papá Noel a Ponte Caldelas
Por Redacción
Papa Noel anda xa pola comarca. No domingo pola mañá deixouse ver en Ponte Caldelas ata onde chegou nunha calesa de Hípica Amazonas, pois o trineo quedou atascado por falta de neve.
No Centro Cultural foi aclamado por máis dun cento de nenos, chegados non só de Ponte Caldelas, senón tamén da Lama e de Pontevedra, entre outros lugares.
Fixeron unha longa cola para lle entregar as súas cartas aos Magos de Oriente, que se agardan para o próximo día 4 (en Ponte Caldelas as cousas sempre sen fan con antelación) e recibir os correspondentes caramelos.
Ao rematar, Papá Noel, verdadeiramente esgotado do esforzo, marchou para continuar o seu camiño, pois ten moito que facer neste día tan atarefado.