Xogadores das Escolas Deportivas de Poio soprenden un mozo roubando móbiles e retéñeno
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo este martes 2 de xaneiro un mozo de 21 anos como presunto responsable do roubo de varios teléfonos móbiles nas instalacións das Escolas Deportivas de Poio. O arresto foi posible grazas á intervención dun grupo de mozos que lle retiveron.
Segundo informou a Policía Local de Poio, un grupo de xogadores de fútbol do grupo xuvenil das Escolas Deportivas de Poio retiveron o mozo, de nacionalidade romanesa e veciño de Pontevedra, tras ver como tentaba fuxir tras coller varios móbiles.
O mozo entrou en nunha zona restrinxida dos vestiarios do campo de fútbol da Seca e colleu os móbiles que gardaban nas súas mochilas. Despois de que lle sorprendesen, e no intento de fuxida, tirou os teléfonos e, nese momento, lograron retelo.
Os xogadores alertaron á Policía e, cando os axentes chegaron ao lugar, o campo de fútbol da Seca, tiñan retido ao presunto ladrón.
Os policías detivérono como presunto autor do roubo de sete teléfonos que teñen un valor aproximado de entre 200 e 500 euros cada un. A continuación, entregárono á Garda Civil de Pontevedra para que o poña a disposición xudicial e continúe coas investigacións.