Aquí están as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/058/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5398a24176-_dtm0641.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ba1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57658d4a7c-novadirectivamancomunidade.jpg)
© Mancomunidade de Montes de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5ea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/59f76720e5-20171030-patxot-radio-pablo-dapena-trastienda-469.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a2e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/57277ed73d-20150311-patxot-reunion-psoe-asociaciones-tino-003.jpg)
© Mónica Patxot
Os Premios Cidade de Pontevedra entregaranse o vindeiro 20 de xaneiro, día de San Sebastián, nun pleno extraordinario de honra que levará a cabo no Teatro Principal. O xurado terá que decidir previamente a quen concede este ano os galardóns.
Nesta ocasión presentáronse catro candidaturas para persoa física e outras catro para persoa xurídica.
Categoría persoa física:
- Víctor Pedreira, psiquiatra e activista na defensa da sanidade pública. A súa candidatura foi presentada pola Asociación Alba de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental de Pontevedra e conta co apoio dos movementos Saúde Batas Brancas e SOS Sanidade Pública.
- Javier Cabo Salvador, cirurxián pediátrico no Hospital da Paz, en Madrid. Candidatura presentada pola Asociación Amigos de Pontevedra.
- Pablo Dapena, triatleta. Candidatura impulsada pola aula Educación Viaria de Pontevedra, que quere recoñecer a súa palmarés deportivo.
- María Luz Fernández, presidenta da Federación veciñal Boa Vila. A federación de asociacións de veciños Teucro foi a encargada de presentar esta proposta.
Categoría persoa xurídica:
- Escola de Xadrez Pontevedra, candidatura presentada polo Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, que quere mostrar o seu apoio ao seu labor educativo e social, ademais do seu compromiso solidario co campamento de refuxiados de Azraq en Xordania.
- Clínica Médico-estética Trini Maquieira, candidatura presentada por Amencer- Aspace. Valórase o labor altruísta con mozos que padecen parálise cerebral.
- Landín informática, candidatura presentada por Aempe e AJE Pontevedra.
- Mancomunidade de montes en man común do Concello de Pontevedra, candidatura presentada pola federación de asociacións de veciños Teucro.
Relacionadas:
-
Amigos de Pontevedra premia aos campións internacionais Silvia Aguete e Pablo Dapena
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Os Premios Cidade de Pontevedra 2017 aúnan futuras accións en PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |
-
O psiquiatra Víctor Pedreira e a Escola de Xadrez, premios Cidade de Pontevedra 2017
Por Natalia Puga |
-
A Escola Xadrez Pontevedra, candidata aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Quedan tres días para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Víctor Pedreira, primeiros candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |