Marea denuncia que a zona de Tafisa vai camiño de ser un "desguace"
Por Redacción
Marea Pontevedra denuncia que un espazo proxectado para ser un dos pulmóns de Pontevedra, os terreos da antiga Tafisa, é hoxe un "auténtico vertedoiro". E todo porque en toda esta zona están a proliferar os coches abandonados.
Segundo o partido que lidera Luis Rei, é o propio Concello quen estaciona nesa zona vehículos retirados, alegando que o depósito é de xestión privada e matizando que non ten ningunha responsabilidade sobre os estragos que poidan sufrir os vehículos.
Para Marea esta situación é "dobremente inxusta", por un lado para os propietarios dos vehículos que son saqueados por completo e, por outro, para toda a veciñanza de Pontevedra que ve como unha das poucas zonas de lecer da cidade "remata por converterse nun desguace".
Así, esixen que se poña fin a esta práctica que se está a dar nos aparcamentos da zona.
Esta situación, engaden, incrementa o estado de "abandono" que sofren gran parte dos terreos ocupados antigamente por Tafisa, onde se rexistran "diversas deficiencias e posibles riscos".
Exclúen desta situación os 17.500 metros reservados para a Universidade e a parte de zonas verdes e de vías (case 60.000 metros máis) que están en estado "aceptable".
Relacionadas:
-
O Concello retirará de xeito "progresivo" todos os vehículos abandonados nas vías públicas
Por Redacción |
-
Dúas promotoras impulsan a construción de 200 vivendas nos terreos de Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra reclama que se garanta a hixiene e a seguridade nos antigos terreos de Tafisa
Por Redacción |