"Cousas estrañas" no mercado de abastos para o regreso da Sétima Feira
Por Redacción & Beatriz Ciscar
A moda e a arte máis vangardista regresou este sábado ao mercado de abastos de Pontevedra. Tras varios meses de parón, a Sétima Feira reclamou de novo o seu protagonismo no primeiro andar da praza, enchendo de creatividade este emblemático espazo.
Foi unha xornada que, baixo o lema Estraño xaneiro, estaba ambientada na popular serie de televisión emitida por Netflix, Stranger Things.
De novo, unha chea de artistas e creadores emerxentes amosaron os seus produtos ao público pontevedrés que, ademais, puido gozar coa música de Chroma e DJ Palito.
Nesta ocasión participaron na Sétima Feira: Casal de Creación, Culebra, Degerónimo, Empaquetando Ando, Estrellas o limones, Fillos do mar, Índica & Nórdica, Khett, La Canalla, La Platanera, Madarov, Mágicos Gagarin, Más de campo que las amapolas, Mi madre no me deja, Patakafrita, Sheii Broullon, SomosOcéano, Son Humanita, Sweet Paripé, Tramónmilenario e Unha ajulla no palleiro.
O apartado gastronómico correu a cargo de Elefantes de Cacharrería e Mis galletas y otras cosas.
Relacionadas:
-
Sétima Feira despídese para volver a final de ano "diferente a como a coñecemos"
Por Alejandro Espiño |
-
O Palco da Música encherase de vida cultural durante os meses de maio e xuño
Por David Arana & María López Verdial |
-
O espírito do Entroido invade a Sétima Feira no seu segundo aniversario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Stranger Things inspira unha Sétima Feira "excepcional" para xaneiro
Por Redacción |