A reparación do muro da rúa Otero Pedrayo está pendente do Xacobeo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra segue á espera da resposta da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo para poder reparar o muro de contención do albergue de peregrinos de Pontevedra.
Mentres tanto, a rúa Otero Pedrayo permanece pechada ao tráfico desde que o pasado 28 de decembro detectáronse problemas de consistencia no muro. A beirarrúa dese lado tamén está valada e no albergue acoutouse unha zona do xardín para evitar riscos.
Segundo explicou o portavoz do goberno local, Raimundo González, o problema do abombamento do muro débese a que un canalón de pluviais que se atopa soterrado está a filtrar auga, o que deu lugar a un desprazamento das pedras que o conforman.
Os traballos de reparación consistirán no levantamento do muro no tramo afectado, a eliminación da filtración e a recolocación dos bloques de pedra.
Relacionadas:
-
A reparación do muro de contención do albergue de peregrinos, en marcha
Por Alejandro Espiño |
-
Técnicos municipais e do Xacobeo avalían a situación do muro do albergue de peregrinos
Por Redacción |
-
Pechan a rúa Otero Pedrayo polo "risco inminente" de caída do muro do Albergue de Peregrinos
Por Anxo Lourido |