O Pazo Provincial acolle o mural colaborativo de Amencer-Aspace
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O vestíbulo do Pazo Provincial acolle desde este martes e ata a primeira semana de febreiro o mural colaborativo de Amencer-Aspace feito durante o Día Mundial da Parálise Cerebral.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu este martes xunto a Digna Rivas, deputada de Cohesión Social, Carlos Godoy, director de Amencer-Aspace, e Mónica Touriño, xerente da asociación, á presentación da exposición do mural realizado por todos os cidadáns que se quixeron unir a Amencer-Aspace na Praza da Peregrina o pasado 4 de outubro.
Na súa intervención, Carmela Silva mostrouse "emocionada por acoller esta marabillosa obra de arte feita coas rodas das cadeiras de rodas".
Pola súa banda, Mónica Touriño, xerente de Amencer-Aspace, aproveitou para invitar a toda a cidadanía da provincia "para que veñan e desfruten desta exposición que non deixa de ser unha mostra das pegadas da vida dos e das participantes".