O Concello comprométese a crear unha canalización para evitar asolagamentos no Taral
Por Redacción
Os veciños de O Taral, en Tilve, parroquia de Cerponzóns, levan tempo sufrindo inundacións dos seus terreos debido a que as augas pluviais e de rega agrícola que baixan desde a parte superior do lugar para estancarse nas súas leiras situadas nas proximidades á estrada N-550. Os propietarios dunha das vivendas que se atopa nesta zona temen que en época de moitas choivas a auga poida provocar a caída do muro que rodea a vivenda.
A petición da asociación de veciños O Chedeiro, a concelleira Pilar Comesaña acompañada do xefe da brigada de obras achegouse ata este punto para comprobar as consecuencias deste problema.
A representante do goberno local comprometeuse a acometer as obras necesarias para recoller as augas. Previamente, os propietarios das leiras afectadas xa chegaran a un acordo para levar a cabo entre todos unha canalización entre o seu terreos pero reclamaban ao Concello que realizase a obra desde o camiño veciñal ata o sumidoiro que recolle as augas pluviais situada na estrada N-550.