O PSOE califica de "electoralismo rancio" a reunión de Cubela co presidente da Xunta
Por Oskar Viéitez
O grupo local socialista de Cerdedo-Cotobade califica de "electoralismo rancio" a reunión dos presidente e vicepresidente da xestora municipal, Jorge Cubela e José Balseiros, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O voceira do Partido Socialista, Lina Garrido, sinalou que os 7,1 millóns de euros de inversións da Xunta "corresponden nunha grande parte a iniciativas do ano pasado que Jorge Cubela vendeu na prensa en máis dunha ocasión".
Destaca Lina Garrido que "algúns dos proxectos xa foron inagurados o ano pasado", como pode ser a humanización de acceso á igrexa de Tenorio. "Que non nos venda fortes inversións xa que realmente non é así", afirmou.
Engade a portavoz socialista que a mellora da estrada PO-234 tan ansiada pola veciñanza e "conta con 7 metros de ancho e é aceptada polo goberno do PP, mentras critican á Deputación por non dotar de 9 metros á que se vai arranxar no Serrapio (Cerdedo)".
O PSdeG valora de xeito "positivo" estes proxectos e as inversións da Xunta pero entende que "hai temas de especial relevancia para o noso Concello que tamén deberían ser tratados" como a creación de postos de traballo, o asentamento do rural ou un centro de día para a zona alta en Carballedo, unhas actuacións que consideran "precisas".
Ademáis advirten que o goberno local están "lonxe da acadar os obxectivos da fusión, que eran: parar o despoboamento do rural e municipalizar servicios para aforrar en costes".
Neste senso, os socialistas critican o "forte despilfarro" do goberno local nunha "política de asfalto" onde "non se aprecian para nada os beneficios da fusión silenciosa entre Feijóo+Balseiros+Cubela".