Samieira despide o símbolo do seu Entroido: o Galo Bruxo
Por Redacción & Diego Torrado
O mal tempo impediu no seu día que o Galo Bruxo puidese desfilar en todo o seu esplendor por Samieira. Pero este domingo desquitouse. O símbolo do Entroido desta parroquia de Poio protagonizou hoxe un novo acto festivo no municipio, o seu propio enterro.
O Enterro do Galo Bruxo, organizado pola Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira, volveu a encher de música e cor a parroquia.
A comitiva fúnebre partiu ás cinco da tarde do campo de Arén e, como vén sendo habitual, chegou ata o campo de fútbol de Río de Bois. Alí, o Galo Bruxo despediuse dos seus veciños ata o próximo ano e foi incinerado.
Ao Entroido de Poio aínda quedan dous eventos máis. O seguinte será o vindeiro sábado 3 de marzo, ás 19.30 horas, co Enterro do Berberecho en Lourido.
O broche de ouro poñerao, o 10 de marzo a partir das 20.00 horas, o Enterro do Galo Fodorico e a sexta edición da Festa do Choqueiro.
Relacionadas:
-
O enterro do Galo Fodorico pecha o longo Entroido de Poio
Por Redacción |
-
"Chova ou vente" o domingo queimarán ao Galo Fodorico
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro di adeus ao seu mexillón cun animado enterro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O mal tempo dá unha tregua e permite o gran desfile de Entroido de Poio
Por Diego Torrado & Redacción | Creada e actualizada
-
RADIO.- "Comparsa, caras riseiras e a pasalo ben!"
Por Marisa Ciordia |