Quirónsalud Miguel Domínguez reforza as Urxencias e renova habitacións e zonas de traballo
Por Oskar Viéitez
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez renovou as instalacións de Urxencias e reforzou o equipo médico para atender o incremento de pacientes, de ata un 8%, que experimentou durante o último ano este servizo que se presta as 24 horas.
Segundo explicaron este venres o xerente do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, Óscar Alonso, e a directora médica, Mar Vélez, o obxectivo desta mellora foi o de prestar unha asistencia sanitaria de maior calidade e reducir os tempos de espera.
Ademais realizáronse un conxunto de melloras nos recursos asistenciais para modernizar 12 habitacións situadas nas plantas 1 e 2, as salas de espera, os controis de enfermería e os despachos de traballo. Entre outros, realizáronse obras para eliminar barreiras arquitectónicas e mellorar a comodidade das persoas ingresadas. Tamén se crearon espazos de traballo máis funcionais para profesionais médicos e de enfermería.
En conxunto, as obras executadas supuxeron un investimento de medio millón de euros e enmárcanse o denominado Plan Estratéxico do hospital.
MAIOR CAPACIDADE DE RESPOSTA EN URXENCIAS
O equipo médico do servizo de Urxencias do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, coordinado polo doutor Rafael Domínguez, reforzouse e conta con nove facultativos, especialistas en Medicina Interna e Medicina Xeral. Tamén se reforzou o persoal de enfermería e contan cunha persoa como xestor de esperas que, entre outras funcións, mantén informados os pacientes e as súas familias. Este servizo atende unhas 24.000 urxencias ao ano, das que unhas 3.500 corresponden a accidentes de tráfico.
Un conxunto de facultativos doutras especialidades como Traumatología, Cirurxía Xeral, Anestesia e a Unidade de Coidados Intensivos do hospital (UCI) están coordinados para dar apoio ao servizo de Urxencias que ten acceso a probas diagnósticas e de laboratorio, as 24 horas do día, o que permite realizar diagnósticos seguros e de calidade.
O servizo está dotado cunha nova sala de espera integrada no bloque de urxencias, dúas consultas médicas e sete boxes equipados para atender calquera urxencias médica, cirúrxica ou traumatolóxica.
Relacionadas:
-
Sufriu un accidente de tráfico? Elixa un hospital que ofreza asistencia integral
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez incorpora as técnicas Holmium e Láser Verde no servizo de Uroloxía
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez amplía Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo con especialistas en técnicas minimamente invasivas
Por Redacción |