Meaño, Meis e Sanxenxo reciben fondos do Plan Concellos para a contratación de persoal
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a sétima relación de concellos que se van a beneficiar das axudas da liña 3 do Plan Concellos para o fomento do emprego e para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Entre os municipios incluídos atópanse os de Meaño, Meis e Sanxenxo, ademais dos de Forcarei, Moaña, Soutomaior e Tui por un valor total de 1.133.728,05 euros.
Máis ao por menor, a Meaño o goberno provincial achega 113.013 euros para a contratación de 18 persoas para desenvolver traballos relacionados coa conserxería, condución, administración, obras públicas, albanelería, axuda a domicilio, turismo e tempo libre.
Pola súa banda, a achega en Meis é de 105.417 euros para a contratación de nove postos de traballo relacionados coa cantería, albanelería, electricidade, fontanería, pintura, carpintería e obras públicas.
En canto a Sanxenxo, recibirá 259.671,82 euros para a contratación de 43 postos de traballo relacionados coa administración e obras públicas.
Con estas cantidades a Deputación adxudicou xa o 74,1% do previsto na liña 3 do Plan Concellos, beneficiando a 46 concellos da provincia e empregando máis de 800 persoas, sinalaron desde o goberno provincial.
Relacionadas:
-
A Deputación comeza a liberar fondos da liña 2 do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incorporará 10 operarios ás súas brigadas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade, A Lama e Vilanova contratarán 41 persoas con cargo ao Plan Concellos
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará un total de 43 persoas a través do Plan Concellos
Por Redacción |