O Concello remata o Plan de Mellora de Vías en Borela
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar o Plan de Mellora de Vías na parroquia cotobadesa de Borela con catro actuacións que se acometeron nos lugares de A Brea, Fonte Sobreira, Pazos e Os Castiñeiriños. Estes traballos foron supervisados polo presidente municipal, Jorge Cubela, e o concelleiro Bruno Portela, que aproveitaron a súa visita á parroquia para departir sobre os mesmos cos veciños.
O Concello investíu uns 50.0000 euros nestas actuacións, consistentes, segundo o caso, no ensanchamento, asfaltado e formigonado e canalizacións e recollida de augas pluviais.
En concreto, realizouse unha actuación importante nun treito longo da Brea co formigonado da pista que vai en dirección á Costa e ademais procedeuse ao retrancamento dun muro co obxectivo de ensanchar o vial ata que poidan circular vehículos de todos os tamaños e tamén os de servizos e emerxencias. Así mesmo, fíxose unha recollida de pluviais, xa que no inverno a auga soe discorrer pola pista con ata 15 centímetros.
Ademais, as pistas de Fonte Sobreira e Pazos de Borela formigonáronse por completo, mentres que a baixada de Os Castiñeiriños, que une Borela con Pazos, tamén se beneficiou dunha importante actuación co asfaltado da vía e outros pequenos detalles tendentes á mellora da seguridade vial.
Con estes últimos traballos, que se executaron de xeito óptimo, a parroquia vén de beneficiarse dun investimento de 130.000 euros no derradeiro ano, xa que na mesma tamén está a piques de rematarse o novo parque infantil, completouse a mellora de seguridade vial no acceso á igrexa coa dotación dunha barandilla de madeira e arranxáronse camiños na zona de Pazos. "Cremos que a parroquia de Borela, unha das máis importantes do concello xa que conta con preto de 400 veciños, quedou en perfectas condicións con estas obras, que supuxeron un esforzo económico importante, e así nolo transmitiron os veciños", explicou Cubela.
Relacionadas:
-
Santa María de Sacos, Augasantas e Famelga súmanse ao zafarrancho de asfaltados
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade acomete canalizacións e muros en cinco parroquias
Por Redacción |
-
Borela estrena a primeira pista de petanca do municipio
Por Redacción |
-
O Concello adxudica melloras viarias en Famelga, Pazos, Valongo e Vilanova e renova o lavadoiro de Campodanta
Por Redacción |