Dous detidos por roubos no interior de vehículos aparcados na zona do cemiterio de Marín
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Local de Marín detiveron un home e unha muller de 41 e 37 anos de idade respectivamente, como presuntos autores de varios delitos de roubo con forza no interior de vehículos estacionados.
Trátase de dous veciños de Pontevedra con antecedentes policiais, aos que se lle imputa ata 12 feitos delituosos por presuntamente roubar en vehículos aparcados nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín e no parking dun supermercado próximo.
Os feito remóntanse aos primeiros días do mes de marzo e sempre co mesmo modus operandi, fracturando o cristal da ventá mentres o propietario atopábase no interior do cemiterio ou do supermercado.
En todos os casos os denunciantes deixaran o bolso ou a mochila no interior do vehículo, á vista, no asento do copiloto ou no cadro de mandos, explica a Policía Nacional, sinalando que os obxectos subtraídos van desde carteiras con documentación e diñeiro, ata móbiles, lentes e mesmo roupa deportiva.
Tras realizar as pertinentes pescudas, os axentes lograron identificar aos presuntos autores dos roubos, que foron detidos o pasado 21 de marzo. Unha vez prestada declaración, foron postos a disposición xudicial.