Detido un electricista por poñer á venda na internet unha bomba de auga que unha clienta lle pediu reparar
Por Redacción
A Policía Nacional de Marín detivo a veciño de Pontevedra de 46 anos como presunto autor dun delito de estafa na venda dunha bomba de auga dun pozo.
A vítima denunciou na Comisaría de Marín que todo se remonta ao 27 de febreiro. Ese día estragóuselle a bomba de auga do pozo e contactou vía telefónica cunha persoa que se anunciaba nun portal da internet como 'electricista económico'.
Unha vez no domicilio, o presunto electricista extraeu a bomba de auga do pozo e levoulla. O obxectivo era realizar as reparacións necesarias, de modo que a propietaria adiantou 274,5 euros e quedábanlle por pagar 304,5 euros.
Cando o operario marchouse, a propietaria estudou a factura e concluíu que lle sairía máis a conta comprar unha bomba nova, polo que decidiu chamarlle por teléfono. A pesar de que o chamou en repetidas ocasións, non recibiu contestación.
O 1 de marzo logrou contactar con el e díxolle que pasaría polo domicilio para devolverlle a bomba, pero non só non lla devolveu senón que a propietaria comprobou como nunha páxina de anuncios aparecía unha bomba de similares características que a súa á venda. Segundo o número de referencia, resultaba ser a da súa propiedade.
A Policía Nacional de Marín puxo en marcha unha investigación para tratar de identificar e localizar este individuo e finalmente foi detido por un delito de estafa.